Rapa das Bestas 2025 until
NORMAS DE ACCESO
Os menores de 4 anos entran gratis sempre que non ocupen asento.
Está prohibido fumar.
Está prohibido o acceso o recinto con bebidas alcohólicas, garrafas de vidro ou qualquer outro utensilio que poda por en perigo as persoas ou a celebración do evento.
Acomodación por orde de chegada. Non se garante asento.
Está prohibida a entrada ao recinto con calquera tipo de animais ou mascotas, con excepción dos cans de asistencia a persoas con discapacidade.
Non se devolven as entradas unha vez adquiridas.
As normas de seguridade reflectidas na entrada son as vixentes no momento da compra.
HORARIOS
Sábado 5 de Xullo: Curro ás 19:00 h. Apertura de portas ás 18:00 h.
Domingo 6 de Xullo: Curro ás 12:00 h. Apertura de portas ás 11:00 h.
Luns 7 de Xullo: Curro ás 12:00. Apertura de portas ás 11:00 h.
PREZOS
-
SÁBADO 5 e DOMINGO 6
0-4 anos incluidos, entrada de balde.
5-12 anos incluidos, 10 euros.
13 anos en adiante , entrada adulto 15 euros. -
LUNS 7
0-4 anos incluidos, entrada de balde.
5-12 anos incluidos 5 euros.
13 anos en adiante , entrada adulto 10 euros.
Rapa das Bestas de Sabucedo 2025
Sabucedo é unha parroquia situada no sur do Concello da Estrada (Pontevedra), cunha extensión de 5,9 km2. Conta cunha sóla entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes. Con todo, en Sabucedo ten lugar una das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade, e vontade colectiva de todas as que integran o noso legado cultural: A rapa dás bestas de Sabucedo.
A Rapa comeza rememorando o vínculo ancestral dos cabalos co divino. Durante a “misa da alborada” pídese protección a San Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa. A continuación sóbese ao monte en busca dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos reunindo as mandas. Finalmente, o sábado, condúcense nun gran cerco á aldea. A parte máis espectacular da festa é o Curro, onde os “ aloitadores” e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo, para inmobilizar ao animal e cortarlle as crines.
Where does the event happen? SABUCEDO, A Estrada, Pontevedra, España
When does the event happen?
until
Engadir ao calendario
A service fee of 10 % per order will be added to the order total.